TAHUME
Amais de buscar na rede outras cousas, sobre o grupo Tahume, xa que estivemos hoxe falando deles en Boiro, pódense topar tanto folklores como activismo. Primeiro un vídeo e despois un artigo sobre a implicación de Tahume co seu lugar:
O artigo é do xornal La Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2007/07/29/0003_6019674.htm#
O colectivo Tahume forma parte da agrupación comarcal de municipios dende hai un mes
La Voz de Galicia – Barbanza | 27/7/2007 |
grupo de baile de música tradicional Tahume incorporouse como membro de pleno dereito á mancomunidade de municipios Arousa Norte dende hai un mes, asevera Susana Pérez Sanmiguel, compoñente da agrupación cultural, que dende o pasado venres dedica os seus esforzos a ensinar e a divulgar a cultura a centos de turistas que deciden pasar as súas vacacións nos cámpings da comarca.«En total somos quince as persoas que nos ocupamos de fomentar o baile galego», asevera Susana Pérez. O traballo da agrupación é dobre. Por unha parte, Tahume ten que impartir clases de luns a venres nos centros de acampada concertados e, o venres pola noite, amenizar a festa gastronómica coas súas actuacións.Para Susana Pérez estas ideas son moi importantes, tanto para o grupo de baile como para fomentar a cultura entre a xente de fóra. «Para nós son clave este tipo de actividades, xa que supón un espaldarazo definitivo para Barbanza».Promoción
Pérez cree que o máis complicado e «fomentar estas activades culturais, como a Ruta do Mexillón, pero que coa publicidade axeitada, e a base de promocionarse, acaba entrando na retina do visitante. Tamén se xera un valor engadido que dá un toque diferente a esta comarca con respecto ao resto de Galicia», afirma esta integrante.

Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »